Carballo Basket

Escola Basket Xiria

Saturday, Sep 04th

Last update:07:09:17 AM GMT

You are here:

Inscripción del Carballo Basket Xiria en liga eba

E-mail Imprimir PDF

Luciano Calvo aporta os avais para a inscrición do Carballo Básket Xiria na Liga EBA 2010-11 

O percorrido que o cadro carballés comezara aló polo ano 2006 na Liga EBA terá continuidade nesta 2010-11 por quinta campaña consecutiva. O Carballo Básket Xiria (nova denominación do club) mantén a aposta polo baloncesto de nivel nacional grazas á confianza que, un ano máis, lle outorga o empresario Luciano Calvo Pumpido coa sinatura dos avais preceptivos.

Porque é tan importante gañarse a praza na pista, tal e como aconteceu na histórica campaña pasada na que o equipo estivo a unha vitoria de meterse na fase de ascenso a Leb Prata, como nos despachos presentando un proxecto económicamente viable, algo que cada vez poden facer menos entidades. A Federación Española de Baloncesto non recúa e mantén as duras esixencias económicas de anos precedentes.

Así, o Carballo Básket Xiria estará na liña de saída do Grupo A na Liga Eba 2010-11 que terá a mesma dimensión que o ano pasado. A falta de coñecer cales son os equipos que cumplimentan a documentación, haberá unha primeira fase cos rivais máis próximos (o ano pasado Galicia – Asturias), e unha segunda na que se xunten os equipos de Cantabria, País Vasco, Castela e León e A Rioxa.

Os apretos económicos non escapan á entidade carballesa, consciente de que terá que afondar na dinámica de recurtes trazada o ano pasado cun presuposto, se cabe, aínda máis modesto. Continuarase coa firme aposta polas categorías inferiores, cun elenco de adestradores de primeiro nivel e axustarase a capacidade económica no primeiro equipo, agardando que as empresas e as institucións aposten polo patrocinio tanto do primeiro equipo como polas categorías base do proxecto do Carballo Básket Xiria de cara á vindeira campaña. Unha tempada que, sen dúbida, se presenta dura a nivel competitivo pero ilusionante para seguir mantendo á vila de Carballo no mapa do baloncesto español.